Somos Axia

A misión galáctica do bo trato

AXIA é unha aventura educativa inmersiva que converte as aulas en espazos de coidado, respecto e convivencia positiva.
Conecta escola e familia para fortalecer a saúde mental infantil e previr a violencia desde o coidado e o acompañamento emocional.

Durante unha viaxe guiada pola capitana Lyra, o alumnado de cada aula convértese na tripulación dunha nave espacial simbólica que percorre o Universo do Bo Trato e supera catro estacións educativas: Sentia, Acordia, Comprometia e Empatón. O grupo debe aprender a coidarse e a manter a súa estrela acesa: o símbolo do bo trato.

Sentia

Recoñecer emocións.

Empatón

Entender o que senten as demais persoas.

Comprometia

Asumir compromisos de coidado.

Acordia

Crear acordos de convivencia.

AXIA combina xogo, emoción e narrativa para activar aprendizaxes significativas

Programa Axia

Sesións

Sesión vivencial de 100 minutos guiada polo equipo educativo de Fundación Meniños. Durante este tempo, favorécese un ambiente seguro e afectivo, e promóvense habilidades de convivencia positiva, bo trato e coidado emocional.

Programa Axia

Kit Físico

Kit físico e recursos descargables para que o profesorado poida continuar o traballo na aula. Estes recursos permiten facilitar dinámicas de bo trato e apoiar o desenvolvemento emocional e convivencial do alumnado ao longo do curso.
Programa Axia

Comunidades

Comunidades virtuais en Discord:

  • Gardiáns Estelares (profesorado): materiais, retos e acompañamento continuo.
  • Aliadas Protectoras (familias): orientacións, recursos e obradoiros de parentalidade positiva.