Durante a o pasado Nadal, o centro comercial Marineda City acolleu unha acción solidaria a favor de Meniños que permitiu reforzar o proxecto AXIA, O universo do bo trato.
A través do Wishtree, as persoas que visitaron o Marineda puideron deixar mensaxes cheas de ilusión que se transformaron en apoio económico para AXIA. Un xesto colectivo que demostrou como a implicación social tamén pode converterse en motor de cambio para a infancia, o que se vencella coa campaña de sensibilización na que dicimos que “Temos que estar á altura” como sociedade.
No acto de presentación desta iniciativa a directora de Meniños, Verónica Rivadulla, destacou o valor deste tipo de colaboracións, que permiten desenvolver proxectos educativos con impacto real na vida de nenas e nenos, fortalecendo contornas máis seguras, protectoras e afectivas.
Ademais, as técnicas de AXIA Raquel García e Isabel Mosquera tiveron a oportunidade de dar coñecer o proxecto ás familias que se achegaron a compartir os seus desexos de Nadal na árbore.