Colexio do Benquerer
5º e 6º Primaria
O Colexio do Benquerer é un centro especializado no Botrato que, unha vez por trimestre, envía á súa Delegada á aula de 5º e 6º de Primaria. En tres sesións presenciais, o alumnado percorre un camiño que vai do autocoñecemento ao pensamento crítico, construíndo xuntos e xuntas o mural do Colexio do Benquerer e elaborando o seu propio Pacto do Botrato.
Entre sesión e sesión, o profesorado continúa o traballo de forma autónoma coa plataforma educativa Ludus.
Esta plataforma ofrece ao profesorado do terceiro ciclo recursos e actividades complementarias para traballar a educación afectivo-sexual na aula, no marco do Colexio do Benquerer. Pide as túas credenciais ao noso equipo!
Ao rematar o curso, o mural queda na aula como recordatorio permanente de todo o que o grupo construíu xunto.
1º Trimestre.
O Código do Benquerer
Autocoñecemento e imaxe corporal.
2º Trimestre.
Como me relaciono
Límites, consentimento e Botrato entre iguais.
3º Trimestre.
En que mundo vivo
Estereotipos, diversidade e alfabetización dixital.
AXIA combina xogo, emoción e narrativa para activar aprendizaxes significativas
Sesións
Sesións vivenciais guiadas polo equipo educativo da Fundación Meniños. Durante este tempo, favorécese un ambiente seguro e afectivo e promóvense habilidades de convivencia positiva, Botrato e coidado emocional.
Kit Físico
Kit físico e recursos descargables para que o profesorado poida continuar o traballo na aula. Estes recursos facilitan dinámicas de Botrato e apoian o desenvolvemento emocional e convivencial do alumnado ao longo do curso.