Aviso legal
Identificación
Este portal, cuxo titular é FUNDACIÓN MENIÑOS, domiciliada en Avda. de Cádiz, 5, 2º Esqda, edificio A Milagrosa, 15008 A Coruña (A CORUÑA), teléfono 981269955, correo electrónico meninos@meninos.org, CIF G-15551120, inscrita no Rexistro de Fundacións de Competencia Estatal co número 239, está constituído polo sitio web asociado ao dominio: somosaxia.org
Condicións xerais de uso do portal
O acceso e uso desta páxina web e todos os subdominios e directorios incluídos baixo a mesma (en diante, conxuntamente denominados como o portal), así como os servizos ou contidos que, a través del, se poidan obter, están suxeitos aos termos que se detallan neste aviso legal, sen prexuízo de que o acceso a algún de ditos servizos ou contidos poida precisar da aceptación duns condicións xerais adicionais.
Polo tanto, se as consideracións detalladas neste aviso legal non son da túa conformidade, rogámosche que non fagas uso do portal, xa que calquera uso que fagas do mesmo ou dos servizos e contidos nel incluídos implicará a aceptación dos termos legais recollidos neste texto.
As condicións e termos que se recollen no presente aviso legal poden variar, polo que che convidamos a que revises estes termos cando volvas visitar o portal.
Reservámonos o dereito a realizar cambios no portal sen previo aviso, co obxecto de manter actualizada a súa información, engadindo, modificando, corrixindo ou eliminando os contidos publicados ou o deseño do portal.
Os contidos e servizos que ofrece o portal actualízanse periodicamente. Debido a que a actualización da información non é inmediata, suxerímosche que comprobes sempre a vixencia e exactitude da información, servizos e contidos recollidos no portal.
Non nos facemos responsables dos danos e prexuízos que puidera ocasionar a utilización das ferramentas e informacións contidas nesta páxina. FUNDACIÓN MENIÑOS non será responsable do uso que terceiros fagan da información publicada no portal, nin tampouco dos danos sufridos ou perdas económicas que, de forma directa ou indirecta, produzan ou poidan producir prexuízos económicos, materiais ou sobre datos, provocados polo uso de dita información.
Propiedade intelectual e industrial
O deseño do portal www.somosaxia.org e os seus códigos fonte, así como os logos, marcas e demais signos distintivos que aparecen no mesmo pertencen á Fundación Meniños, e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual.
A web foi realizada pola empresa Pululart.
A información dispoñible neste sitio web, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación para usos non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:
- Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
- O/A usuario/a queda obrigado/a a citar a fonte dos contidos obxecto de reutilización.
- O/A usuario/a queda obrigado/a a mencionar a data da última actualización dos contidos obxecto de reutilización.
Declaramos o noso respecto aos dereitos de propiedade intelectual e industrial de terceiros, polo que se consideras que este sitio puidera estar violando dereitos, rogámosche que te poñas en contacto con nós a través do formulario de enviar consulta.
Responsabilidade dos contidos
FUNDACIÓN MENIÑOS non se fai responsable da legalidade doutros sitios web de terceiros dende os que se poida acceder ao portal.
FUNDACIÓN MENIÑOS tampouco responde pola legalidade doutros sitios web de terceiros, que puideran estar vinculados ou enlazados dende este portal.
Ligazóns web ou hipervínculos
Os/as usuarios/as que se propoñan establecer un hipervínculo entre a súa páxina web e esta deberán ter en conta o seguinte:
- O establecemento do hipervínculo non implica, en ningún caso, a existencia de relacións entre nós e o propietario da páxina web na que se estableza, nin a aceptación e aprobación pola nosa parte dos seus contidos ou servizos.
- Non se declarará nin se dará a entender que autorizamos expresamente o hipervínculo, nin que supervisamos ou asumimos de calquera forma os servizos ofrecidos
ou postos á disposición na páxina web dende a que se establece o hipervínculo. - Non nos responsabilizamos en modo algún nin garantimos a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade de contidos ou servizos que o establecemento do hipervínculo poida ofrecer. O/A usuario/a asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puideran derivarse do acceso á páxina web do hipervínculo.
- A páxina web na que se estableza o hipervínculo non poderá conter ningunha marca, denominación, logotipo, eslogan ou outros signos distintivos nosos, excepto aqueles signos que formen parte do mesmo hipervínculo.
- A páxina web na que se estableza o hipervínculo non conterá informacións con contidos ilícitos, contrarios á moral e ás boas costumes xeralmente aceptadas e á orde pública, así como tampouco conterá contidos contrarios a calquera dereito de terceiros.
Frames
Prohibimos expresamente a realización de “framings” ou a utilización por parte de terceiros de calquera outro mecanismo que altere o deseño, configuración orixinal ou contidos do portal.
Lei aplicable
A lei aplicable en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este aviso legal, así como calquera cuestión relacionada cos servizos do presente portal, será a lei española.
Para a resolución de calquera conflito que poida xurdir con ocasión da visita ao portal ou do uso dos servizos que nel se poidan ofertar, nós e o/a usuario/a acordamos someternos aos xuíces e tribunais de domicilio do/a usuario/a, sempre que o mesmo estea situado en territorio español.