O Universo AXIA medra cada día
Cada punto do mapa representa unha nova estrela acesa no noso universo.
Bota un ollo as experiencias e opinións de aqueles que xa viaxan con nós.
“Gustounos moito. Desde o ambiente creado, como a narrativa e as actividades levadas a cabo. Non se trata só dunha actividade que se fai e se esquece, senón que se proporcionan materiais para darlle un significado físico a todo o falado, co que se consigue que aos nenos se lles faga menos abstracta a mensaxe.”
Docente do CEIP Seara
Moaña, Pontevedra
“É unha proposta galáctica para traballar a intelixencia emocional co primero ciclo da Educación Primaria.”
Docente do CEIP Seara
Moaña, Pontevedra
“A experiencia foi moi satisfactoria, xa que a forma de traballar os diferentes aspectos do bo trato estaba axeitado á idade dos nenos e nenas, e as diferentes actividades foron entretidas. Moi recomendable.”
Docente do CEIP Plurilingüe Pena de Francia
Mos, Pontevedra
“Encantounos. A experiencia foi moi inmersiva, os materiais totalmente adaptados ás idades e a participación das monitoras excelente.”
Docente do CEIP Tabeaio
Tabeaio, A Coruña
“Funcionou especialmente ben o traballo en pequenos grupos, a estupenda actitude e trato das persoas que levaron a cabo a actividade. Repetiría AXIA no futuro.”
Docente do CEIP Pumar-Urdilde
Rois, A Coruña
“Gustoume moito a actividade como mestra, e aos peques encantoulles tamén.“
Bea, docente de 2ºA do CEIP A Magdalena
As Pontes, A Coruña
“Consideramos AXIA como un referente na innovación educativa en Galicia, especialmente polo seu enfoque na intelixencia emocional como piar da protección á infancia.”
Docente do Grande Obra de Atocha
A Coruña
“Unha experiencia motivadora para o alumnado no seu proceso de desenvolvemento da empatía e da educación emocional.”
Docente do CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo
Ourense
Últimas novas
O Nadal solidario de Marineda City impulsa AXIA, O universo do bo trato.
Durante a o pasado Nadal, o centro comercial Marineda City acolleu unha acción solidaria a favor de Meniños que permitiu reforzar o proxecto AXIA, O universo do bo trato. A través do Wishtree, as persoas que visitaron o Marineda puideron deixar mensaxes cheas de ilusión que se transformaron en apoio económico para AXIA. Un xesto […]
A estación estrela de AXIA: escoitar como nos sentimos
Escoller unha única estación para destacar dentro do proxecto AXIA non é sinxelo. As catro funcionan e fano de forma distinta segundo o grupo, a idade e o momento do curso. Así e todo, si hai unha estación que destaca pola súa potencia educativa e pola información tan valiosa que xera, esa é a Estación […]
Despega o proxecto AXIA no CEIP de Tabeaio
No mes de novembro deu comezo o proxecto AXIA no CEIP de Tabeaio, un centro educativo rural, pequeno e cunha contorna especialmente acolledora. Precisamente ese carácter próximo permitiu vivir a experiencia dunha forma máis intensa e coidada, tanto para o equipo dinamizador como para o propio alumnado. En total participaron 17 nenas e nenos, unindo […]